Friday 19 de April de 2024

III Torneo Hóckey sobre Patíns A.C. Órdenes


Os partidos darán comezo o venres pola tarde no pavillón Castelao I e disputaranse ao longo de toda a fin de semana

Dende o vindeiro venres e ata o domingo Ordes acollerá o III Torneo A.C. Órdenes Hóckey sobre Patíns. No pavillón Castelao I disputaranse cada un dos partidos, englobados nas categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, xuvenil e sénior. Participarán os equipos A.C. Órdenes, Club A.A. Dominicos, Club Hóckey Compostela, Escola Lubiáns, Club Hóckey Os Carvalhos e o Club Hóckey Oleiros.
A cita conta coa colaboración do Concello de Ordes e Gadis.